terça-feira, 19 de novembro de 2013

Asun Estévez

(Galiza)



Medrar nas mans

 
Hoxe vin tras as frías pedras
agocharse cauta á liberdade.
Unha liberdade que nos observa
profanada e vendida
nunha doutrina de chuvias malditas.

Tras as pedras
políticas desorientadas,
desvergoñadas, indiferentes,
desleigadas e fendidas.
E choran as pobres putas
de meixelas rotas
acubilladas no infortunio.

E xemen os medos enriba
e detrás das pedras,
e as promesas seguen ulindo a vello.
Apoloxía de tódolos sons contidos
a través dos séculos.

Pero nas mans dos nenos
medran cada día centos de papoulas…

 
Asun Estévez, in “Medrar nas mans”, página 51, edições Ir Indo Edicións, 2013.

Sem comentários: